Jódete y baila

The Homens

Espertei co mundo a punto de estoupar, o Ibex 35 coas súas subidas e baixadas fan que en cada vista ao banco me convirta nun pequeno Strauss Khan, e baixo un barniz progre alimente cada vez máis o gusto pola pasta e por follar. Pero por suposto, e simpatizando o resto do día con calquera forma de resistencia como un bobo, vou tornando en punk co paso das horas.

Hoxe, que non me toca ducha porque non é domingo, sentoume como unha xerra de auga fría que The Homens anunciasen o cese temporal da súa actividade. Esta noite verémolos arder por última vez, e no recordo quedan mil anécdotas que pasamos xuntos. Déixannos dous Lp´s e dúas maquetas absolutamente brillantes que gardarei como ouro en pano. Eles foron culpables de moitas cousas boas para o rock and roll  galego, e o que foi aire fresco para a nosa música e a banda sonora dunha época, está a piques de derreterse.

Que lle dean polo cú ao Ibex 35, hoxe  si que temos motivos para estar tristes!

Ata sempre, broders.

 

Más Noticias